VI Certame de Relato Curto



Atención!! FANPA (Federación de Asociacións de nais e pais de Centros Educativos Públicos da provincia de Pontevedra) organiza unha nova edición, a VI, do Certame de Relato Curto para a provincia de Pontevedra. Este certame, está dirixido ao alumnado e ás súas familias dos centros públicos da provincia de Pontevedra e cuxo resultado final é a publicación en formato libro dos relatos gañadores e finalistas. A editorial Kalandraka é a encargada da edición.

Os principais obxectivos son: fomentar a creatividade no alumnado, potenciar a expresión e comprensión escrita, estimular o uso da lingua nas familias, facilitar as posibilidades de publicación aos mozos creadores/as, apoiar aos escritores/as noveis e afeccionados/as e crear un espazo común e familiar para a creación literaria.




E xa temos na Biblioteca o libro do V Certame de Relato Curto!!


Comentarios