Páxinas

domingo, 28 de maio de 2017

OPERACIÓN TROCO CON URUEÑA!

Este curso iniciamos unha nova actuación:
Intercambiamos libros coa VILLA DO LIBRO, URUEÑA (Valladolid)

CAFETECRA 2017

As cafeterías de Tui tamén son TERRITORIO DA ARTE e ESPAZO LECTOR e a nosa BIBLIOTECA COMPARTE LIBROS.
Como cada ano facemos un lote de libros para que estean en zona de ocio e que os nenos e as nenas poidan estar tamén nunha cafetería lendo.

No mes de maio levamos á CAFETERÍA GRANN MANZANA un novo lote


NA CAFETERÍA APARECE A SEGUINTE CARTA:
Estimada lectora,
Estimado lector,
Tedes ante vós unha escolma de literatura para que vos deixedes engaiolar polas historias  que aparecen nas páxinas e SEMPRE acompañadas dun bó café, infusión ou refresco.
Desexamos que esta cafetería se converta NUN ESPAZO LECTOR de referencia.
Moitas veces temos gañas de ler e os xornais están ocupados,  estamos na casa en soedade e  que mellor que un café compartido coa lectura.
E que facer se quero continuar coa lectura na casa? Pois adiante, apúntate e cando remate o devolves ao seu sitio.
Todos temos que ser responsables!
Se te quedas con el outra persoa perderá a oportunidade de disfrutar coa historia!
Son libros para compartir

ANTÓN PULIDO NO TERRITORIO DA ARTE DA BIBLIOTECA

O pintor ANTÓN PULIDO creará para a BIBLIOTECA do CRA MESTRA CLARA TORRES unha obra de arte que formará parte do noso patrimonio.
Algunha das obra máis relevantes deste pintor son:





BIBLIOTECA: TERRITORIO DAS ARTES CON XABIER RIOMAO

O pintor XABIER RIOMAO creará para a biblioteca do CRA MESTRA CLARA TORRES unha obra pictórica que será entregada no mes de xullo de 2017.
A continuación algunha das súas obras:





venres, 26 de maio de 2017

BIBLIOTECREANDO NO CRA

Onte desenvolveuse o OBRADOIRO de INGLÉS na biblioteca do centro coa presenza de alumnado, nais e avós e avoas.
Foi unha sesión de inmersión total na lingua inglesa onde se priorizaba coa comprensión e expresión oral integrando contidos da área de Coñecemento do contorno: alimentación e numeración
 Estiveron traballando os números en inglés a través de bingos e as expresións YES, I DO!, NO, I DON¨T!
O resultado a continuación:











Xornada fantástica!
Canto aprendemos xuntos!
As aprendizaxes interxeracionais son moito máis ricas pois entran en acción as dimensións afectivas de

KRATHWOHL.

martes, 23 de maio de 2017

OS CONTOS PREFERIDOS DO CRA


Kids, La Lectura, Libro, Niño, Los Niños La Lectura

Clica aqui para descubrir













"O verbo ler, como o verbo amar e o verbo soñar, non soporta o modo imperativo" 
                                                                          Jorge Luis Borges

luns, 22 de maio de 2017

SELO BIBLIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA

XA SOMOS OFICIALMENTE BIBLIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA!!!
A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN CONCEDEU AO CENTRO POLAS SÚAS ACTIVIDADES SOLIDARIAS, COMPROMETIDAS, ...O SELO DE BIBLIOTECA ESCOLAR SOLIDARIA.